Utilice el tamaÑo de texto de su navegador par ahacerlo mas grande

      
 
 
Literatura, ábrese nunha nova fiestra Literatura, ábrese nunha nova fiestra Literatura, ábrese nunha nova fiestra Linguaxe e comunicación, ábrese nunha nova fiestra Criptoanalistas Linguaxe e comunicación, ábrese nunha nova fiestra Xogos de palabras, ábrese nunha nova fiestra Linguaxe e comunicación, ábrese nunha nova fiestra

LITERATURA

Non podían faltar no Verbum referencias á Literatura. A través de diferentes cubos pódense percorrer diferentes xéneros e formas de facer desta disciplina que convirte as palabras en arte.

Algúns exemplos

Cubo G. Libros prohibidos. A censura é un fenómeno que existe dende o nacemento da propia escritura. Ao longo da historia foron cuantiosos os libros prohibidos polos poderes políticos ou relixiosos por motivo das ideas que estes contiñan. Neste cubo expóñense algúns exemplos que o visitante pode consultar.

Cubo Q. Palabras que son música. Numerosos son os poemas que se teñen levado ó terreo musical. O visitante pode observar unha serie de poesías que se presentan de xeito textual e musicado. Inclúe tamén información e fotografías dos diferentes poetas.

Cubo T. Fermosura verbal. Moito se ten dito da poesía, termo grego que significa creación. Moitas veces nin os propios poetas saberían definir a súa arte; o único certo é que ten o poder de cautivarnos e de expresar os sentimentos da maneira máis fermosa. Nese cubo o visitante atopará unha base de datos con máis dun milleiro de poesías en galego e castelán.

Cubo V. Heiche contar un conto. Os contos son os mellores exemplos de ficción que o neno ten para construír o mundo do imaxinario, teñen a capacidade de conxugar a fantasía coa realidade máis pura. Son para ler, pero tamén para escoitar. Aquí, e con só premer un botón, o visitante poderá escoitar diferentes relatos e narracións famosas.

 
     
  VERBUM | Avda de Samil Nº 17 | 36212 Vigo (España)| verbum@vigo.org | Teléfono +34 986 240 130 | Fax +34 986 240 633