Utilice el tamaÑo de texto de su navegador par ahacerlo mas grande

      
 
 

VERBUM
Casa das Palabras

VERBUM - Casa das Palabras é un museo interactivo sobre todos os ámbitos relacionados coa comunicación humana, deseñado como un espazo cultural, lúdico e divulgativo no que os visitantes poden participar dun modo activo nos elementos expositivos.

O Verbum dende o exterior, ábrese nunha nova fiestra
O Verbum dende o interior, ábrese nunha nova fiestra VERBUM é un espazo de entretemento que permite experimentar e coñecer a través de xogos todo o relacionado coa comunicación: as linguaxes, os idiomas, as palabras, as letras, os sons, os signos, os símbolos, a vista, o oído, a lectura, a escritura, a literatura, a tecnoloxía…

VERBUM é un vocablo latino que significa “palabra”, porque a palabra é a orixe do contido do proxecto e o latín é a orixe das linguas que falamos en Galicia. Tomando a palabra como unidade mínima de significación, os contidos de VERBUM desenvólvense en catro disciplinas xerais: linguaxes, ciencias, literatura, tecnoloxía.

A oferta permanente de VERBUM amplíase coa programación de exposicións e actividades complementarias.

algúns dos contidos do Verbum que podes descubrir visitando a páxina - no se abre nunha nova fiestra
 
     
  VERBUM | Avda de Samil Nº 17 | 36212 Vigo (España)| verbum@vigo.org | Teléfono +34 986 240 130 | Fax +34 986 240 633